Avia Veira González
@avia_veira
Concelleira do BNG na Coruña. Portavoz do BNG na Deputación da Coruña. Filóloga. Nai de 3 nenos. Deportivista 💙🤍 🍍
ID: 252023210
14-02-2011 09:55:26
11,11K Tweet
1,1K Followers
945 Following
Tamén na Coruña, neste #PlenoOutubro, o PP é incapaz de lle chamar as cousas polo seu nome, incapaz de asumir a palabra Xenocidio. É por iso que votou contra a moción de Francisco Jorquera sobre o masacre en Gaza, que si tivo o respaldo do PSOE e, por tanto, foi aprobada.
Unha vez máis a TVG non tivo a ben cubrir o acto da líder do BNG e líder da oposición, Ana Pontón, e van... Imaxina que a TVE non cubrise os actos de Feijóo? PD: Propuxo unha moratoria indefinida do eucalipto. Contámoscho nós, xa que non vas poder velo na televisión pública +
Querer uniformizar a biomasa no Estado español e recentralizar a xestión do sector forestal son erros que cometen as forzas estatais que van en contra da realidade galega. Carme da Silva denuncia a eucaliptización do territorio galego e exixe unha moratoria na súa plantación.
A nosa portavoz nacional Ana Pontón acaba de ter un encontro con persoas que están moi preocupadas pola crítica situación da vivenda na Coruña. Unha auténtica emerxencia habitacional para miles de coruñesas e coruñeses. #VivirNaCoruñaÉImposíbel (1)