
San Sadurniño
@concellosansa
O que ocorre arredor de ti. O que che interesa do concello de San Sadurniño.
ID: 2283552403
http://www.sansadurnino.gal 09-01-2014 12:58:20
1,1K Tweet
671 Followers
206 Following

Hoxe veu a San Sadurniño a Subdelegada da Delegación do Goberno en Galicia, María Rivas, para interesarse polo labor de dinamización que fai a nosa Biblioteca. Aproveitamos para solicitarlle axuda estatal na rehabilitación do castelo de Naraío e da ala da Casa da Xuventude onde está a Guardia Civil


📚María Rivas visitou a bilbioteca municipal de San Sadurniño para felicitar polo proxecto "O poder da imaxinación" Premio María Moliner 2024 de Ministerio de Cultura 💡Os programas de animación á lectura abren portas á imaxinación e ao desenvolvemento persoal run.gob.es/aqnfa2b8



Das noites claras de xaneiro, xa se sabe, mañás xeadas. Non temos o dato, pero a de hoxe seguramente fose a máis fría do que levamos de inverno. Iso si, tenas habido ben peores.O Tempo TVG El Tiempo en TVE


O 15 estreamos as curtas do IX Chanfaina Lab. Fran Nogueira presentará unha gala na que tamén se lle entregará a Alberte Pagán o primeiro premio Bernardino de Lamas, alcume do articulista, galeguista e "cineísta" Alfonso Piñón. l1nq.com/zsNqv Cultura Depu. Coruña Xeoparque Cabo Ortegal

Este sábado entregarémoslle a Alberte Pagán o primeiro premio "Bernardino de Lamas" do IX Chanfaina Lab. Será na gala de estrea das curtas filmadas no mes de setembro, que comezará na Casa da Cultura ás 17:30h. Vide con tempo para coller sitio. Cultura Depu. Coruña acortar.link/vF2wdL


Hoxe sumámonos á #HoradoPlaneta de WWF España 🐼. E ti tamén podes unirte apagando na casa luces e aparellos eléctricos entre as 20:30 e as 21:30h. sansadurnino.gal/sumate-hoxe-a-…



Acabamos de facer unha analítica de nitróxeno nas augas dos nosos ríos. Os resultados están moi por debaixo dos límites para que o noso concello sexa considerado Zona Vulnerable por Nitratos, tal e como di a Xunta de Galicia acortar.link/w9AxM6




A compañía Migallas Teatro tráenos pola mañá as "Pegadas de Castelao" e pola tarde, dobre proposta: o descubrimento da placa da recén nomeada "Rúa Castelao" e a presentación na Libraría Brétema do ensaio "Castelao, desta terra e deste tempo" de Manolo Rei acortar.link/0nEPpG


Proximamente licitaremos un proxecto cofinanciado por Augas de Galicia da Xunta de Galicia para auditar o estado da nosa rede de saneamento e facer algunhas melloras que nos axuden a facela máis eficiente e, sobre todo, respectuosa co ambiente. acortar.link/cdNuWW

O IX Chanfaina Lab reunirá do 5 ao 7 de setembro a preto de medio cento de realizadoras e realizadores cun mesmo obxectivo: producir unha curtametraxe con total liberdade temática e estilística e sen sobrepasar os límites municiais.Cultura Depu. Coruña Dinamiz-ARTj acortar.link/ZhNt0R