Javi Taboada Valdés (@taboadajavi) 's Twitter Profile
Javi Taboada Valdés

@taboadajavi

Xornalista e comunicador | Os luns e venres analizo a actualidade deportiva nas ondas | Comunicación Política | Aquí opinións, reflexións e un pouco de retranca

ID: 126382305

calendar_today25-03-2010 17:56:48

34,34K Tweet

1,1K Takipçi

344 Takip Edilen

Javi Taboada Valdés (@taboadajavi) 's Twitter Profile Photo

Comunicado dos bombeiros da cidade de Ourense Reclaman axuda aos compañeiros de todo o Estado para que fagan presión diante das administracións pertinentes e que deste xeito poidan acudir a axudar na loita contra o lume A situación é insostible. Fan falla todas as mans posibles

Comunicado dos bombeiros da cidade de Ourense

Reclaman axuda aos compañeiros de todo o Estado para que fagan presión diante das administracións pertinentes e que deste xeito poidan acudir a axudar na loita contra o lume

A situación é insostible. Fan falla todas as mans posibles
Javi Taboada Valdés (@taboadajavi) 's Twitter Profile Photo

Na comarca de Valdeorras o lume arrasa casas e sigue sen control. Algo que acontece en ducias de puntos da provincia. As imaxes son espeluznantes. Ata os propios bombeiros forestais, curtidos en centos de batalla, non dan creto ao que ven cos seus ollos.

Javi Taboada Valdés (@taboadajavi) 's Twitter Profile Photo

A Xunta a día de hoxe segue sen informar do incendio activo en Pena Trevinca, tras entrar na provincia por Zamora e que arrasou boa parte deste enclave medio ambiental Falan de 70.000 hectáreas arrasadas, pero o número é moito maior, cun incendio enorme que non sae nos rexistros

A Xunta a día de hoxe segue sen informar do incendio activo en Pena Trevinca, tras entrar na provincia por Zamora e que arrasou boa parte deste enclave medio ambiental

Falan de 70.000 hectáreas arrasadas, pero o número é moito maior, cun incendio enorme que non sae nos rexistros
Javi Taboada Valdés (@taboadajavi) 's Twitter Profile Photo

Comezan a informar do lume en Trevinca, pero falan de 20 hectáreas, cando xa arrasou centos e centos delas. A lagoa da Serpe, Pena Trevinca, a zona de Casaio, todo case arrasado. Polo momento salvouse o milenario bosque do Teixadal. Ardendo dende fai días. Decatáronse hoxe?

Javi Taboada Valdés (@taboadajavi) 's Twitter Profile Photo

O antes e o despois na Lagoa da Serpe. E a Xunta informa hoxe de só 20 hectáreas arrasadas. A quen pretenden enganar? Por certo, non despregaron un só medio na zona. Foi a veciñanza que salvou Casaio e o Teixadal.

Javi Taboada Valdés (@taboadajavi) 's Twitter Profile Photo

Con 7 incendios activos na provincia, 3 de grandes dimensións, un do que non queren recoñecer a súa magnitude e cun 22% da provincia arrasada polos lumes según Copernicus, a Xunta toma esta decisión Pero que pretenden que arda a provincia enteira? Isto xa non se pode aturar máis

Javi Taboada Valdés (@taboadajavi) 's Twitter Profile Photo

Os bombeiros da cidade de Ourense confirman que a Xunta tamén decidiu desactivalos a pesar de que a vaga de incendios segue aínda descontrolada. Piden seguir colaborando e non comparten esta decisión incomprensible.

Os bombeiros da cidade de Ourense confirman que a Xunta tamén decidiu desactivalos a pesar de que a vaga de incendios segue aínda descontrolada.

Piden seguir colaborando e non comparten esta decisión incomprensible.
Javi Taboada Valdés (@taboadajavi) 's Twitter Profile Photo

Parece que a Xunta agora recúa e pide a reincorporación dos bombeiros que retirou onte martes. O goberno galego dando paus de cego e amosando a súa total incapacidade e desorganización.

Javi Taboada Valdés (@taboadajavi) 's Twitter Profile Photo

A xestión do incendio en Trevinca é dantesca. Un lume que arrasa sen control e que para a Xunta non existe porque só falan de 20 hectáreas queimadas. Xulgade vós mesmos.

Javi Taboada Valdés (@taboadajavi) 's Twitter Profile Photo

Infografía de La Voz de Ourense con datos de Lincoln que da boa conta da grave situación que vive Ourense, a provincia con máis hectáreas arrasadas en 2025. 147.866 hectáreas das 727.300 totais e aínda quedan 4 meses e 11 días para rematar o ano. Un 20,33% do territorio e subindo.

Infografía de <a href="/vozourense/">La Voz de Ourense</a> con datos de <a href="/Copernicus/">Lincoln</a> que da boa conta da grave situación que vive Ourense, a provincia con máis hectáreas arrasadas en 2025.

147.866 hectáreas das 727.300 totais e aínda quedan 4 meses e 11 días para rematar o ano. Un 20,33% do territorio e subindo.
OrgulloGalego (@orgullogalegogz) 's Twitter Profile Photo

Hoxe a Xunta voltou MENTIR cos datos dos lumes, pero ademais o domingo algunhas persoas e algún cargo político dixo que non ardera a Lagoa da Serpe, e que era unha imaxe feita por IA Ollade a realidade, non lle poñemos música dramática absurda porque o vídeo xa é dramático

Javi Taboada Valdés (@taboadajavi) 's Twitter Profile Photo

A loita non cesa na provincia de Ourense. Os lumes seguen arrasando hectáreas, a veciñanza, as brigadas, bombeiros, voluntarios e profesionais non dan un paso atrás. A morte deixa o seu rastro en forma de fume e terra calcinada.

Javi Taboada Valdés (@taboadajavi) 's Twitter Profile Photo

Namentres moitos medios calan, esconden ou negan a traxedia. Namentres a TVG estivo ausente na cobertura dos lumes, en TVE danlle voz aos heroes da traxedia. Unha televisión pública por e para o pobo. Que tomen nota en San Marcos.

Javi Taboada Valdés (@taboadajavi) 's Twitter Profile Photo

A alcaldesa de Carballeda de Valdeorras (PP) negou o lume en Pena Trevinca. Hoxe pretendou volver mentir sobre a estrada de acceso a San Vicente de Leira, titularidade da Deputación, pero a veciñanza desmontou as súas mentiras. Baño de realidade contra os enganos.

Javi Taboada Valdés (@taboadajavi) 's Twitter Profile Photo

Esta noite arderon as lembranzas familiares en Budián. Arderon as viñas, os frutais e a vella casa dos bisavós. E aínda teremos que escoitar a quenes negan o lume.

Javi Taboada Valdés (@taboadajavi) 's Twitter Profile Photo

Pereiras, mazairas, castiñeiros, as viñas e a casa, todo completamente arrasado. Unhas 7 casas calcinadas en Budián ademais da familiar. O panorama é desolador.