
Podemos_Lugo
@lugopodemos
A forza que Transforma
ID: 1124322007481556992
03-05-2019 14:37:10
5,5K Tweet
982 Takipçi
522 Takip Edilen






O mércores 25 saímos á rúa para esixir ao presidente Alfonso Rueda que asuma responsabilidade polo caso do conselleiro Villares. As institucións públicas están para protexer as mulleres vítimas das violencias machistas, non para encubrir aos agresores. 🎥 Ximena Cheda






Mañá 1 de xullo, os recortes afectan á gratuidade do transporte público, medida implantada con Podemos no Goberno e que supuxo un aforro ás familias traballadoras. Hai que fomentar a mobilidade sostible e investir nun tren de proximidade que vertebre Galicia. 🎥 Isabel Faraldo

Un proxecto como o de Altri, que hipoteca o futuro do País, que compromete recursos naturais e que supón un atentado ao medioambiente, ten que ser totalmente transparente. Que trata de esconder o Goberno galego? Esiximos que Alfonso Rueda respecte os dereitos da ciudadanía.


Un deputado do PP de Galicia, presentador dun programa de TVG; o que nos faltaba por ver. Alfonso Rueda está a someter a un descrédito inaceptable aos medios de comunicación públicos. Nin a cidadanía nin as traballadoras da CRTVG merecen semellante falta de respecto.


Esiximos que se asuman responsabilidades polos refugallos nucleares depositados fronte ás nosas costas. Presentamos xunto con Alianza Verde 🌱 unha serie de iniciativas no Congreso para esixirlle ao Goberno que actúe e dea explicacións.





