A cegas porque as indicacións están no anglosaxón e eu son de francés e pouco. Mais como disque andando se fai camiño vou ver onde sae este chío.
Cabreo: A liña que saía de Vila de Cruces ata Coruña e pasaba por Boimorto está desmantelada, parte do traxecto suprimido.
Vómito.
Saudiña e cante o merlo pra todos/as. Desexo de saúde este ano máis ca nunca. E que cante o merlo porque anuncia a primavera, cando cría e cando recomeza a vida agraria.
Así saudaban os vellos galeguistas desde a máis fonda tradición agraria da nación dxs galegxs.
Amén
Ven aí un ano pra forxa-la esperanza, pra camiñar no afianzamiento do país, dunha sociedade máis libre e máis xusta, máis nosa, máis do pobo dos galegos e das galegas. Ese é o camiño aberto onde cabemos todxs
Feliz 2021
Disque a AP9 é eterna no seu atraco á cidadanía galega...
Pois vai ser que non. Non imos consentilo. Terán que cumprir o asinado e orzamentado. Chamaremos á mobilización. E saben que?
Ademais do cabreo tamén temos a razón.
Non chove, mexan por nós.
O voceiro destacado da Xunta pono ben claro:
Organízate, protesta, mobilízate.
Será a moda Trump?
Estes del PP son unha mañiza de sorpresas.
lavozdegalicia.es/noticia/galici…
Pois si, M. Ambiente puxo varios millóns pra lle xestionar a Campos 35.000tm de rodas.
Os plásticos agrícolas que os xestiónen os concellos e gandeirxs.
O PP está cos seus
O tercero grao na tortura sicolóxica
Comisión Parlamentaria da crtvg
Escoitar ó Dtor. Xeral do "ente" falar de modernidade e futuro faime tremer ós meus anos.
O ente público do PP permítenos imaxinar o control de medios de Herr Goebels.
Patético e vomitivo.
Tristeza pola burla infrinxida ós veciños e veciñas de Boimorto.
Pola xente maior e pola de risco.
Polxs traballadorxs de Axuda a domicilio que non foron vacinados.
Pola ofensa, pola prepotencia, polo desprezo ós dereitos da xente.
Tristeza e demanda de dimisión.
As lamentables, inconexas, tatexantes, tensas e impropias respostas do presidente á lider da oposición deixáronme caviloso. Que non queira respostar a nada dos proxectos tratores amosa que ou ben son fume ou ben son un pelotazo . E se fosen as dúas cousas?
Ai de Nós !
No momento máis oportuno alguén me falou de Rosalía.
En plena adolescencia.
E devorei Cantares Gallegos.
E sentín a fermosura da fala dos meus, da miña xente.
E valoreina e autovaloreime.
E sentín que o pobo medraba en min.
Fala espontánea e libre.
Nación, pobo, loita.
Galicia.