EDLG EOI Coruña
@edlgeoi
En galego na Coruña
ID: 1364653951489110019
24-02-2021 19:10:50
53 Tweet
56 Takipçi
42 Takip Edilen
Xa podedes ver o vídeo e as interesantes vivencias e reflexións sobre o galego da profesora Inés Salvado. #Vivamosengalego #planproxecta @EoiCorunha bibliotecaeoicoruna Bibliotecas escolares de Galicia youtu.be/lTvQVL9vock
Fantástica Ana Peleteiro Brión!!! Parabéns pola túa medalla olímpica de bronce. Unha inspiración para os nosas deportistas.
O vindeiro martes día 14, ás 11.00 h, visitará a nosa biblio a escritora Antía Yáñez, para conversarmos arredor da súa novela "Senlleiras". A entrada será libre até completar o aforamento. Terán preferencia as persoas inscritas no club de lectura. Pásate! Antía Yáñez bibliotecaeoicoruna
Xa podemos xogar a Wordle en galego, grazas a Abraham Martinez Gracia. A mecánica é moi sinxela: consiste en adiviñar unha palabra de 5 letras cada día, para o que teremos 6 intentos. auriaapi.oa.r.appspot.com Máis info: i.gal/G4zV4
O Dep. de Galego e o ENDL celebramos o Día de Rosalía cun "caldo de gloria", anticipando as conmemoracións polo 8M que se están a desenvolver. Grazas á Casa de Rosalía pola súa colaboración, mais a Víctor, da cafetaría da EOI, pola súa disposición. #CaldodeGloria #DíadeRosalía
O vindeiro luns tes unha cita con Xurxo Mariño na @EoiCorunha para conversarmos sobre as orixes e a evolución da linguaxe, a partir das suxestivas ideas do libro 'Unha mente que voa'. Agardamos por ti! E lembra que o mesmo luns, ás 13.00 h, Radio Coruña Cadena SER entrevista a Xurxo! #endl
"Nacemos a medio cocer", di Xurxo Mariño. O nacemento da linguaxe vai parello ao noso xeito de nacermos. Se non queres perder eventos como este, non dubides en te matriculares para o ano na @EoiCorunha. Non se che pasarán as actividades que organizan os departamentos e o EDLG EOI Coruña.
Rematamos a xeira do club de lectura en galego 2021·2022 na @EoiCorunha cunha agradábel parola sobre "Golpes de Luz", de Ledicia Costas. Tan só nos queda a pequena mágoa de non conseguirmos tela connosco para esta despedida. Porén, porfiaremos! Grazas a todas/os!
Fantástico!! Canto temos que aprender de nós propios/as grazas aos nosos parentes... jn.pt/tecnologia/est… @EoiCorunha bibliotecaeoicoruna
O vindeiro luns, ás 19.30 h, tes unha cita imprescindíbel na nosa biblioteca. Achégate para ver que nos vai contar A Raíña Vermella sobre a saúde mental na adolescencia. La Opinión A Coruña Nós Diario bibliotecaeoicoruna
Estamos ás portas do primeiro feriado do curso, mais á volta, o luns 10, tes unha cita con Nuria Vil 🎠 🌈 ela/eli na nosa bibliotecaeoicoruna Non perdas esta oportunidade para conversarmos sobre poesía: expresar, vencer medos e barreiras, construír identidade, liberarse... Agardamos por ti!