As Galegadas (@asgalegadas) 's Twitter Profile
As Galegadas

@asgalegadas

Ás veces gústame falar de historias e cousas do vello Reyno de Galicia e das súas xentes.

ID: 1545057496477315074

calendar_today07-07-2022 14:49:57

329 Tweet

261 Takipçi

117 Takip Edilen

Amigos do Patrimonio de Toén (@patrimoniotoen) 's Twitter Profile Photo

CAMPAÑA DO CASTRO DE TRELLE: XORNADA 9ª Seguen os traballos do equipo de Breogán Arqueoloxía e @Arbore_A na muralla do Castro de Trelle. Victor Rodríguez Muñiz resume a xornada. (Desculpade a calidade do audio, están sendo unhas xornadas de moito vento).

Manuel Gago (@magago) 's Twitter Profile Photo

Estes días lembrabamos dous termos moi do Barbanza, se cadra parte do rico conxunto de anglicismos que están normalizados na fala popular galega: ‘nique’ e ‘lofa’. Os niques son as mellas, as pequenas roturas, e pode vir de ‘nick’, que quere dicir xusto iso. Un ‘lofa’ é un

Estes días lembrabamos dous termos moi do Barbanza, se cadra parte do rico conxunto de anglicismos que están normalizados na fala popular galega: ‘nique’ e ‘lofa’. 

Os niques son as mellas, as pequenas roturas, e pode vir de ‘nick’, que quere dicir xusto iso. 

Un ‘lofa’ é un
Beira Atlántica (@atlanticabeira) 's Twitter Profile Photo

1/ Cando me aburro, dáme por fozar en vellas historias de Irlanda, case sempre (non volo negarei) á procura de referencias a #Galiza. E nesta que vedes na imaxe aparece unha tan curiosa como suxestiva ⬇️ Cóntovos.

1/ Cando me aburro, dáme por fozar en vellas historias de Irlanda, case sempre (non volo negarei) á procura de referencias a #Galiza. E nesta que vedes na imaxe aparece unha tan curiosa como suxestiva ⬇️
Cóntovos.
Manuel Gago (@magago) 's Twitter Profile Photo

En #pontevedranotempo temos unha instalación da que fiquei moi satisfeito: unha representación visual dun dos grandes tesouros, ao meu ver, da cidade: a súa impresionante colección arqueolóxica de cerámica medieval e moderna.

Martin FC (@fcmart1n) 's Twitter Profile Photo

Hai uns vinte anos, en #Amesbury, suroeste de #Inglaterra, achouse un enterramento do ~2300 a.C. con puntas de frecha e enxoval tipicamente #campaniforme. As análises moleculares emprendidas nos últimos anos sobre o «arqueiro» alí enterrado revelaron unha historia fascinante➡️

Hai uns vinte anos, en #Amesbury, suroeste de #Inglaterra, achouse un enterramento do ~2300 a.C. con puntas de frecha e enxoval tipicamente #campaniforme.

As análises moleculares emprendidas nos últimos anos sobre o «arqueiro» alí enterrado revelaron unha historia fascinante➡️
AC. Alexandre Bóveda 🛰 (@acboveda) 's Twitter Profile Photo

Conmemoramos en setembro un centenario que provén do outro lado do mar #Céltiga. Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades. Cabeceira da emigración galega, editada en Bos Aires entre 1924 e 1932 en galego e en español. Serviu como punto de encontro á cultura->

Conmemoramos en setembro un centenario que provén do outro lado do mar #Céltiga. Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades. Cabeceira da emigración galega, editada en Bos Aires entre 1924 e 1932 en galego e en español. Serviu como punto de encontro á cultura->
Amigos do Patrimonio de Toén (@patrimoniotoen) 's Twitter Profile Photo

📸Fotografías da cabana da croa do Castro de Trelle antes de que desaparecera polo ancheamento da pista forestal, estas foron cedidas por un veciño do concello de Barbadás.

Aínda contan moitas testemuñas que no Castro de Trelle había un buraco na croa no que tirabas un coio e tardaba moito en chegar ao fondo (algúns din que non tiña fondo). 🧓🏼: "Como era de ancho o furado? Pois o suficiente para que caera por él unha ovella pero non un boi...."

Aínda contan moitas testemuñas que no Castro de Trelle había un buraco na croa no que tirabas un coio e tardaba moito en chegar ao fondo (algúns din que non tiña fondo). 

🧓🏼: "Como era de ancho o furado? Pois o suficiente para que caera por él unha ovella pero non un boi...."
Martin FC (@fcmart1n) 's Twitter Profile Photo

Xa temos falado de Elba, esa muller prehistórica que se coñeceu grazas aos seus restos conservados nunha cova do #Courel, e cuxo estudo e divulgación trouxeron polémica. Como sabedes, o C-14 díxonos que Elba morreu hai uns 9.300 anos, VII milenio a.C…➡️ x.com/FCMart1n/statu…

Amigos do Patrimonio de Toén (@patrimoniotoen) 's Twitter Profile Photo

Pedro Vidal, veciño de Moreiras e natural de Trelle, contounos coma de nenos os deste último lugar subían ao Castro e xogaban alí: 🗣️: “Subiamos alí a xogar que nos atacaban subindo polos muros (fai o xesto de disparar cunha pistola👉🏼)".⬇️

Pedro Vidal, veciño de Moreiras e natural de Trelle, contounos coma de nenos os deste último lugar subían ao Castro e xogaban alí:

🗣️: “Subiamos alí a xogar que nos atacaban subindo polos muros (fai o xesto de disparar cunha pistola👉🏼)".⬇️
RomanArmy.eu (@romanarmy_eu) 's Twitter Profile Photo

Hoxe pola mañá presentamos os produtos divulgativos do noso proxecto Finis terrae. En romanarmy.eu levamos dez anos apostando pola divulgación da investigación pero desta volta, grazas ao apoio da área de Patrimonio da @depocoruna fumos algo máis alá. Queres velo?

Hoxe pola mañá presentamos os produtos divulgativos do noso proxecto Finis terrae. En romanarmy.eu levamos dez anos apostando pola divulgación da investigación pero desta volta, grazas ao apoio da área de Patrimonio da @depocoruna fumos algo máis alá. Queres velo?
Manuel Gago (@magago) 's Twitter Profile Photo

Hoxe os RomanArmy.eu presentamos na Coruña os resultados do proxecto Finis terrae, no que exploramos as fortificacións romanas da provincia da Coruña. Creamos potentes produtos de divulgación: ilustracións, recreacións virtuais e mesmo un podcast!

Hoxe os <a href="/RomanArmy_eu/">RomanArmy.eu</a> presentamos na Coruña os resultados do proxecto Finis terrae, no que exploramos as fortificacións romanas da provincia da Coruña. Creamos potentes produtos de divulgación: ilustracións, recreacións virtuais e mesmo un podcast!
Beira Atlántica (@atlanticabeira) 's Twitter Profile Photo

1/ O prolífico tema das illas do Alén situadas a oeste, alén da novena onda, parece estar na orixe dun xénero peculiar da literatura medieval irlandesa: os famosos "immrama", relatos sobre relixiosos que navegan na procura do Paraíso, entregados á vontade da Providencia.

Mazarelos (@mazarelosgal) 's Twitter Profile Photo

⚒️ Entrevista a Eduardo Méndez Quintas En Galicia, como noutras zonas graníticas, funciona moi ben o método da luminiscencia ópticamente estimulada e o da resonancia paramagnética electrónica mazarelos.gal/nun-xacecement…

Manuel Gago (@magago) 's Twitter Profile Photo

Unha das pezas que máis impactan de #pontevedranotempo é este Santiago sedente, posiblemente o Santiaguiño do Burgo. É unha escultura extraordinaria de finais do século XIV ou XV, testemuña da relación entre a cidade e o seu señor na Idade Media, o arcebispo de Santiago. 🧵

Xavier Feix (@limiator) 's Twitter Profile Photo

Ponte Freixo, sobre o #ríoArnoia entre Cartelle e Celanova (#Ourense, #Galicia). Construción de mediados do século II d.C. coincidindo co final da ocupación do forte romana de #AquisQuerquennis (#Bande #Ourense) #Romanbrigde Aquis 3D Isaac Moreno Gallo

Ponte Freixo, sobre o #ríoArnoia entre Cartelle e Celanova (#Ourense, #Galicia). Construción de mediados do século II d.C. coincidindo co final da ocupación do forte romana de #AquisQuerquennis (#Bande #Ourense) #Romanbrigde <a href="/Aquis3D/">Aquis 3D</a> <a href="/imorenogallo/">Isaac Moreno Gallo</a>
PACC Lansbrica (@pacc_san_cibran) 's Twitter Profile Photo

🗣️ Saímosnos hoxe un chisco 😉 da nosa temática habitual, pero é que a peza paga a pena ‼️ ✅ O reinado de Sancho Ordóñez, monarca de Galicia, foi certamente breve. Soamente tres anos (926-929), que aínda así bastaron para conservar pegadas do seu nome na epigrafía galega.

🗣️ Saímosnos hoxe un chisco 😉 da nosa temática habitual, pero é que a peza paga a pena ‼️
✅ O reinado de Sancho Ordóñez, monarca de Galicia, foi certamente breve. Soamente tres anos (926-929), que aínda así bastaron para conservar pegadas do seu nome na epigrafía galega.
Amigos do Patrimonio de Toén (@patrimoniotoen) 's Twitter Profile Photo

A ORIXE DA IGREXA VELLA DE MUGARES (#Toén). Chamada na súa orixe San Martiño de Louredo: Igrexa ou Mosteiro fundado polo abade Senior en tempos do monarca Afonso II. A mediados do século IX o abade Astrulfo, sobriño e sucesor de Senior, indicará que⬇️

A ORIXE DA IGREXA VELLA DE MUGARES (#Toén). Chamada na súa orixe San Martiño de Louredo: Igrexa ou Mosteiro fundado polo abade Senior en tempos do monarca Afonso II. A mediados do século IX o abade Astrulfo, sobriño e
sucesor de Senior, indicará que⬇️