FP Galicia
@fpgalicia
ID: 329601416
http://www.edu.xunta.gal/fp 05-07-2011 10:28:57
2,2K Tweet
1,1K Takipçi
9 Takip Edilen
Aberto o prazo de inscrición para GaliciaSkills 2025, o 8° Campionato Galego de FP que terá lugar en Silleda, no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca durante os días 29, 30 e 31 de outubro. Mais información en no portal de FP Galicia. #galiciaskills
Hoxe celebrouse o I Concurso de panadería e pastelería Memorial Eneas no IES Sanxillao de Lugo, que contou coa presencia da Directora Xeral de FP Galicia, Eugenia Pérez. #fpgalicia
Publicada a listaxe de centros admitidos e excluidos aos Premios a Proxectos de innovación de FP Galicia. #fpinnova #innovación
Hoxe, no Museo Centro Gaiás na Cidade da Cultura de Galicia, celebrouse a segunda xornada de #Innovart25, que contou coa presenza do Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e dos Conselleiros de Educación, Román Rodríguez e de Cultura, José López, e a DX de FP Galicia, Eugenia Pérez.
Hoxe celebrouse no Auditorio de Verín a I Feira de Orientación Profesional, na que participaron centros educativos da bisbarra así como diversas empresas e entidades. O acto inaugural contou coa presenza da directora xeral de FP Galicia Eugenia Pérez.
O 13 e 14 de febreiro FP Galicia participou dentro do proxecto SHOREWINNER nunha produtiva Conferencia Temática e Asemblea Xeral na cidade italiana de Ancona Este proxecto trata de achegar á FP ao sector emerxente da enerxía eólica mariña Andrew Kaplan
O pasado xoves, no CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, tivo lugar a entrega de premios de SOMM TALENT FP, o XI Campionato Internacional de Xoves Talentos de Sumillería, Premios Suso Dominguez, que contou coa presenza da directora xeral de FP Galicia, Eugenia Pérez.
Onte celebrouse a I Feira de Orientación académica e profesional de Padrón nas instalacións do IES Macías o Namorado, que organizou o evento. FP Galicia tamén tomou parte representado pola sua directora xeral, Eugenia Pérez.
Hoxe rematou o Campionato de Baristas e Cata de Cafés no IES de Foz coa entrega de premios ao gañador e gañadoras Izaro Garro (Vitoria), Paula ÁLvarez, do CIFP Vilamarín e Ángela Roque do IES Sanxillao. O acto contou coa presenza da directora xeral de FP Galicia, Eugenia Pérez.
Hoxe, no Auditorio de Vilagarcía de Arousa, celebrouse a 3ª edición de (In)fórmate, Xornada técnica sobre formación e futuro laboral. Participaron todos os centros educativos da comarcas, ademáis de diversas empresas e entidades, entre as que estivo FP Galicia.
Publicada a relación de proxectos presentados á convocatoria de Espazos de tecnoloxía aplicada na FP 2025. Máis información no portal de FP Galicia.
stase a celebrar a primeira edición da Feira Educativa de Ourense en Expourense. Hoxe contou coa presenza do Conselleiro de Educación, Román Rodríguez. FP Galicia contou coa representación de 5 centros de FP
Mañá, en ExpoCoruña, vaise celebrar a I Feira da Educación, Formación e Emprego, coa participación de FP Galicia. Poderás asistir en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00h.
Dende hoxe ata o mércores terá lugar no IFEVI, en Vigo Stonegal 2025, a feira do sector da pedra natural de Galicia. No día hoxe contou coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que visitou o stand de FP Galicia onde puido comprobar o traballo do noso alumnado de FP
Do 3 ao 5 de xullo celébrase en Palexco, na Coruña, Mundos Digitales 2025. Hoxe o evento contou coa presenza da directora xeral de FP Galicia, Eugenia Pérez.