Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@mdclugo) 's Twitter Profile
Museo Diocesano Catedralicio de Lugo

@mdclugo

Un museo con máis dun século de historia. O museo de 1.139 parroquias e unha Catedral!

Contacto: [email protected]

ID: 877451651279458304

linkhttp://www.mdclugo.gal calendar_today21-06-2017 09:02:30

334 Tweet

625 Followers

524 Following

Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@mdclugo) 's Twitter Profile Photo

Hoxe clausuráronse as XLIII Xornadas de Patrimonio Cultural da Igrexa, celebradas en Lugo dende o pasado luns. O participantes visitaron o noso museo, acompañados polo director, na xornada inaugural. Foi un honor ensinar o museo nestas xornadas. 👏👏👏

Hoxe clausuráronse as XLIII Xornadas de Patrimonio Cultural da Igrexa, celebradas en Lugo dende o pasado luns.
O participantes visitaron o noso museo, acompañados polo director, na xornada inaugural.
Foi un honor ensinar o museo nestas xornadas.
👏👏👏
Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@mdclugo) 's Twitter Profile Photo

O director do Museo Diocesano Catedralicio de Lugo participa hoxe no Congreso Internacional sobre Migraciones y Refugiados en Europa. Agradecemos aos responsables deste congreso internacional a deferencia de permitirnos colaborar con una investigación sobre patrimonio do museo.

O director do Museo Diocesano Catedralicio de Lugo participa hoxe no Congreso Internacional sobre Migraciones y Refugiados en Europa.
Agradecemos aos responsables deste congreso internacional a deferencia de permitirnos colaborar con una investigación sobre patrimonio do museo.
Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@mdclugo) 's Twitter Profile Photo

Hoxe celébrase o día de San Benito de Nursia e na Catedral de Lugo temos unhas imaxes fermosísimas deste santo italiano. Destaca na súa iconografía o estar acompañado dun corvo, o cal podemos ver no deambulaorio da Catedral de Lugo. Feliz día de San Benito a tod@s!

Hoxe celébrase o día de San Benito de Nursia e na Catedral de Lugo temos unhas imaxes fermosísimas deste santo italiano.
Destaca na súa iconografía o estar acompañado dun corvo, o cal podemos ver no deambulaorio da Catedral de Lugo.
Feliz día de San Benito a tod@s!
Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@mdclugo) 's Twitter Profile Photo

Hoxe celébrase o día de San Ignacio de Loyola, fundador da Compañía de Jesús. Este santo morreu o 31 de xullo de 1556, apenas 60 anos despois Francisco de Moure representouno no coro de madeira da Catedral de Lugo. Unha xoia 😍😍

Hoxe celébrase o día de San Ignacio de Loyola, fundador da Compañía de Jesús.
Este santo morreu o 31 de xullo de 1556, apenas 60 anos despois Francisco de Moure representouno no coro de madeira da Catedral de Lugo.
Unha xoia 😍😍
Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@mdclugo) 's Twitter Profile Photo

Hoxe celébrase a Transfiguración de Xesús no Monte Tabor. Cornielles de Holanda representou esta escena de forma maxistral no antigo retablo da Capela Mayor da Catedral de Lugo (s. XVI) Na imaxe aparecen Xesús, Moisés, Elías, San Pedro, San Xoán e o Patrón de España, Santiago. 😍

Hoxe celébrase a Transfiguración de Xesús no Monte Tabor.
Cornielles de Holanda representou esta escena de forma maxistral no antigo retablo da Capela Mayor da Catedral de Lugo (s. XVI)
Na imaxe aparecen Xesús, Moisés, Elías, San Pedro, San Xoán e o Patrón de España, Santiago.
😍
Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@mdclugo) 's Twitter Profile Photo

Un dos tesouros más queridos do noso museo e a medalla que a cidade de Lugo lle impuxo a súa patrona: a Virxe dos Ollos Grandes. Os titulares de xornais como El Progreso de Lugo do ano 1954 expoñen con elocuencia o fervor dese 15 de agosto. 😍😍

Un dos tesouros más queridos do noso museo e a medalla que a cidade de Lugo lle impuxo a súa patrona: a Virxe dos Ollos Grandes.
Os titulares de xornais como <a href="/elprogreso_Lugo/">El Progreso de Lugo</a>  do ano 1954 expoñen con elocuencia o fervor dese 15 de agosto.
😍😍
Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@mdclugo) 's Twitter Profile Photo

Unha das imaxes más impresionantes que se poden ver desde o Museo Diocesano Catedralicio de Lugo é a Asunción de María da Capela Maior. Feita na segunda metade do século XVIII, a súa beleza imprime unha especial significación a toda a Catedral, da cal é titular. 😍

Unha das imaxes más impresionantes que se poden ver desde o Museo Diocesano Catedralicio de Lugo é a Asunción de María da Capela Maior. Feita na segunda metade do século XVIII, a súa beleza imprime unha especial significación a toda a Catedral, da cal é titular. 😍
Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@mdclugo) 's Twitter Profile Photo

O Acróstico de Odoario é unha das pezas máis importantes que se atopan na Catedral de Lugo. O nome ODOAR, que se ve no comezo de cada liña do texto, evoca ao bispo do s. VIII Odoario, promotor da anterior Catedral. Podedes atopar este acróstico na porta Este da basílica. 😍🧐

O Acróstico de Odoario é unha das pezas máis importantes que se atopan na Catedral de Lugo.
O nome ODOAR, que se ve no comezo de cada liña do texto, evoca ao bispo do s. VIII Odoario, promotor da anterior Catedral.
Podedes atopar este acróstico na porta Este da basílica.
😍🧐
Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@mdclugo) 's Twitter Profile Photo

Unha imaxe inédita da Virxe dos Ollos Grandes feita en 1783. Atopouse nun libro do cóengo Joaquín de Tapia. O Arquivo da Catedral de Lugo conserva unha colección de documentos única en Galicia. 😍😍

Unha imaxe inédita da Virxe dos Ollos Grandes feita en 1783.
Atopouse nun libro do cóengo Joaquín de Tapia.
O Arquivo da Catedral de Lugo conserva unha colección de documentos única en Galicia.
😍😍
Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@mdclugo) 's Twitter Profile Photo

O vindeiro domingo, 5 de outubro, o director do Museo Diocesano Catedralicio participará no 1º Filan-doiro San Froilán. O acto será en Lugo no Centro de Interpretación do Camiño en horario de mañá. Agradecemos aos organizadores que contasen con nós para falar de San Froilán.

O vindeiro domingo, 5 de outubro, o director do Museo Diocesano Catedralicio participará no 1º Filan-doiro San Froilán.
O acto será en Lugo no Centro de Interpretación do Camiño en horario de mañá.
Agradecemos aos organizadores que contasen con nós para falar de San Froilán.
Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@mdclugo) 's Twitter Profile Photo

Amosamos, de forma inédita, o auto que afirma a chegada da reliquia de San Froilán á Catedral de Lugo o 15 de abril de 1614. O brazo relicario de San Froilán está sempre exposto na sección Ad Sanctos do Museo Diocesano Catedralicio de Lugo. Xa chegan as festas do Patrón! #Lugo

Amosamos, de forma inédita, o auto que afirma a chegada da reliquia de San Froilán á Catedral de Lugo o 15 de abril de 1614.
O brazo relicario de San Froilán está sempre exposto na sección Ad Sanctos do Museo Diocesano Catedralicio de Lugo.
Xa chegan as festas do Patrón!
#Lugo
Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@mdclugo) 's Twitter Profile Photo

Desde o Museo Diocesano Catedralicio de Lugo lamentamos profundamente o falecemento de Ramón Yzquierdo Perrín. As súas aportacións a historia da Catedral de Lugo son importantísimas. Deixanos un grande da Historia da Arte en Galicia.

Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@mdclugo) 's Twitter Profile Photo

Felices Festas de San Froilán, Patrón de Lugo! San Froilán naceu en Lugo no 832 e faleceu fai 1.120 anos en León sendo bispo desa diocese. Mañá poderá venerarse a súa reliquia na Capela Maior na celebración do Patrón que comeza as 12:00.

Felices Festas de San Froilán, Patrón de Lugo!

San Froilán naceu en Lugo no 832 e faleceu fai 1.120 anos en León sendo bispo desa diocese.

Mañá poderá venerarse a súa reliquia na Capela Maior na celebración do Patrón que comeza as 12:00.
Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@mdclugo) 's Twitter Profile Photo

A Catedral de Lugo ten unha fermosa capela dedicada á Virxe do Pilar. O retablo é obra de Manuel de Luaces cun estilo neoclásico propio do primeiro cuarto do século XIX. No retablo tamén hai unha imaxe de San Froilán, a que estivo adicada esa capela durante séculos. 😍😍😍

A Catedral de Lugo ten unha fermosa capela dedicada á Virxe do Pilar.
O retablo é obra de Manuel de Luaces cun estilo neoclásico propio do primeiro cuarto do século XIX.
No retablo tamén hai unha imaxe de San Froilán, a que estivo adicada esa capela durante séculos.
😍😍😍
Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@mdclugo) 's Twitter Profile Photo

Hoxe celébrase o día de Santa Teresa de Jesús. Na sección Ad Sanctos do MDCL temos dous relicarios vinculados a fundadora dos Carmelitas Descalzos depósito da parroquia de San Pedro de Bembibre (Taboada). Feliz día de Santa Teresa. Fotografías: Diocese de Lugo.

Hoxe celébrase o día de Santa Teresa de Jesús.
Na sección Ad Sanctos do MDCL temos dous relicarios vinculados a fundadora dos Carmelitas Descalzos depósito da parroquia de San Pedro de Bembibre (Taboada).
Feliz día de Santa Teresa.
Fotografías: Diocese de Lugo.
Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@mdclugo) 's Twitter Profile Photo

Hoxe os falcóns son os protagonistas dun artigo no diario El Progreso de Lugo. Estes fermosos animais levan anos protexendo a Catedral de Lugo desde as alturas. A súa icónica figura xa é característica das torres da fachada do Bo Xesús. elprogreso.es/articulo/lugo/… 🦅🦅🦅

Hoxe os falcóns son os protagonistas dun artigo no diario El Progreso de Lugo.
Estes fermosos animais levan anos protexendo a Catedral de Lugo desde as alturas.
A súa icónica figura xa é característica das torres da fachada do Bo Xesús.
elprogreso.es/articulo/lugo/…
🦅🦅🦅
Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@mdclugo) 's Twitter Profile Photo

O mércores 12 de novembro ás 19:30, o director do Museo Diocesano Catedralicio de Lugo dará unha conferencia sobre Joaquín Díaz de Rábago na Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. Pódese ver esta conferencia online no seguinte enlace: youtube.com/watch?v=bYfHeh…

O mércores 12 de novembro ás 19:30, o director do Museo Diocesano Catedralicio de Lugo dará unha conferencia sobre Joaquín Díaz de Rábago na Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago.
Pódese ver esta conferencia online no seguinte enlace:
youtube.com/watch?v=bYfHeh…
Real Sociedad Económica de Amigos do País Santiago (@rseaps) 's Twitter Profile Photo

Gerardo Calles Lombao disertará sobre a figura de Joaquín Díaz de Rábago. O director do Museo Diocesano Catedralicio de Lugo disertará sobre o economista e sociólogo galego. 🗓️Cando? Mañá (12/11) ás 19:30. 📍Onde? Na RSEAPS, (Praza de Salvador Parga, 4, Santiago de Compostela).

Gerardo Calles Lombao disertará sobre a figura de Joaquín Díaz de Rábago. O director do Museo Diocesano Catedralicio de Lugo disertará sobre o economista e sociólogo galego.
🗓️Cando? Mañá (12/11) ás 19:30.
📍Onde? Na RSEAPS, (Praza de Salvador Parga, 4, Santiago de Compostela).
Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@mdclugo) 's Twitter Profile Photo

Onte, o director do Museo Diocesano Catedralicio de Lugo prensetou unha investigación sobre Joaquín Díaz de Rábago na Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago. Agradecemos a esta sociedade a posibilidade ofrecida de participar neste ciclo de conferencias.

Onte, o director do Museo Diocesano Catedralicio de Lugo prensetou unha investigación sobre Joaquín Díaz de Rábago na Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago.
Agradecemos a esta sociedade a posibilidade ofrecida de participar neste ciclo de conferencias.
Museo Diocesano Catedralicio de Lugo (@mdclugo) 's Twitter Profile Photo

Esta arqueta de carey depósito da parroquia de Santa María de Baamorto (Monforte de Lemos) é unha das pezas máis fermosas da sección Hoc hic mysterium. O traballo de pratería que presenta a peza é tamén moi destacado. Século XVII. 😍😍😍

Esta arqueta de carey depósito da parroquia de Santa María de Baamorto (Monforte de Lemos) é unha das pezas máis fermosas da sección Hoc hic mysterium.
O traballo de pratería que presenta a peza é tamén moi destacado.
Século XVII.
😍😍😍