Ciencia e tal
@cienciaetal
Divulgación científica en Twitch e en galego. Os mércores ás 21:00 h con @PaulaOteroSchez, @ivanvarelasanda e @anapeval. En colaboración con @GC_GCiencia.
ID: 1375533190299979778
http://twitch.tv/cienciaetal 26-03-2021 19:40:52
830 Tweet
1,1K Followers
740 Following
🟠 Tan só falta unha hora para comezar o noso directo de Twitch na canle de Ciencia e tal! Hoxe falaremos con Daniel Sobrido-Cameán sobre o estudo en modelos animais da recuperación da mobilidade tras unha lesión medular. Non volo perdades ⬇️ 📎twitch.tv/cienciaetal
🤩 Estamos máis que encantadas co directo de hoxe. Lampreas rexenerando lesións medulares, moscas epilépticas... E que ben nolo explicou todo Daniel Sobrido-Cameán, ao que lle agredecemos de corazón que tivera pasado un cachiño connosco. Foi xenial! Aquí vai 👇 twitch.tv/videos/1461975…
📚 Hoxe, no #DíaDoLibro, sorteamos unha peza de “Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros”, de Xoana Pintos, e grazas á Editorial Galaxia. 🔁 Para participar no sorteo, abonda con retuitear este comentario. 💨 Non te despistes, só contan os RT que se fagan HOXE!
🟠 NOVO DIRECTO 🟠 O mércores pechamos tempada con Bieito Fernández Castro falando das causas e consecuencias do fenómeno de biomixing nas nosas augas. 👩🏻🔬 Tamén falaremos do Pint of Science ES Galicia. 🗞 E teremos actualidade científica con GCiencia. 🤳 twitch.tv/cienciaetal 🕘 21:00
🌊🐟 Queredes saber que é o #biomixing ou #bioturbulencia e as consecuencias que ten para as nosas augas? Aquí vai un pequeno adianto do artigo publicado en Nature Geoscience por Bieito Fernández Castro et al, e do que falaremos no directo do mércores. Xenial o vídeo 😙👌 youtu.be/u1v80EXknnQ
🐟🍺 Onte tivemos un fin de tempada xenial! Mil grazas a Bieito Fernández Castro por ensinarnos de que maneira algúns organismos poden mesturar as augas dos océanos, a @DiazCostas por presentarnos o Pint of Science ES e a todas vós por acompañarnos. Vémonos á volta! 🤗 twitch.tv/videos/1468579…
Non perdades este artigo no que se fala do estudo do Grupo de Oceanografía Biolóxica (GOB) arredor do #biomixing, sobre o que conversamos o pasado mércores con Bieito Fernández Castro 😌
Moitos parabéns, AllGenetics 🤗 Encantounos coñecer a vosa historia e podemos afirmar que é un premio máis que merecido! Por moitos éxitos 😊🥂
🔬 Ollo ao que comentan as nosas compañeiras de XuvenCiencia. O venres, día 20 de maio, ábrese o prazo de preinscrición para o seu xenial Campus de Verán, que se celebrará entre os días 3 e 9 de xullo. A non perder! 🤗
Ciencia e tal Pint of Science ES Yeray / Jerry Esperámosvos tamén en Vigo #Pint23VGO!😊 Pint of Science ES #Pint23ES #Pint23