Brais Gómez Salvador
@braisgs
ID: 895881312
21-10-2012 18:24:24
424 Tweet
108 Followers
191 Following
Pasou un mes dende que sacamos o videoclip de Golpe por Golpe, e a verdade é que non poderiamos estar máis contentos coa acollida que tivo 🥰🥰 Mil grazas de novo a Brais Gómez Salvador ,Amara Fontao e Roi por facelo posible!! Lembrade, o sábado hai novidades... youtu.be/Ez_FEN5JHr0
Hoxe saíu na edición en papel do Faro de Vigo esta nova de Alberto Leyenda. Moitísimas grazas por este repaso á historia de Retorno a Tagen Ata, aos detalles que rodearon ás gravacións da canción e do vídeo e ó noso percorrido ao longo deste ano. Premede👇 farodevigo.es/cultura/2021/0…
Retorno a Tagen Ata no telexornal!! O videazo que fixo Brais Gómez Salvador para o tema co noso admirado Méndez Ferrín saíu hoxe en TVE 💙 Nunca poderiamos ter imaxinado a acollida que está tendo a canción, é unha pasada para nós. Mil grazas especialmente a Dany Soengas e a Oriana Méndez!
Hai apenas dúas semanas sacamos Retorno a Tagen Ata, e non poderiamos estar máis contentos coa acollida que está a ter 🥰 Mil grazas aos medios que nos apoiaron estes días, coma Praza Pública Nós Diario Broken Tomb Metal Korner Urmemetal youtu.be/K_InIWWyUM4
Lobishomes cumpre hoxe dous anos 🥳🎊🎊 Foi o noso primeiro videoclip, e para el contamos coa dirección de Brais Gómez Salvador, que fixo un traballo tremendo tanto neste coma con Golpe por Golpe e con Retorno a Tagen Ata, e tamén con Tan(zan)ia 🔻 e Lara Alonso 🥰 youtu.be/NwIzQDCu_-I
Ademais de Retorno a Tagen Ata, este ano sacamos un EP, Dioivo III, con Darkwoods ‼️ Nel, contamos coa colaboración de Dana e Marcos de Mileth, e fixemos un videoclip para o tema Golpe por Golpe con Brais Gómez Salvador. Non esquezades botarlle unha orella! youtu.be/Z_TsGZ8QYuI
Hoxe é o primeiro aniversario de Retorno a Tagen Ata 🥳💙 É a nosa canción máis especial, pola oportunidade que nos deu de colaborar cun referente como é Méndez Ferrín. Mil grazas a Dany Soengas, Brais Gómez Salvador e Oriana Méndez por ter feito posible o tema!! youtube.com/watch?v=K_InIW…
O videoclip de Lobishomes fai nada menos que 3 anos 😱 Mil grazas unha vez máis Brais Gómez Salvador, Tan(zan)ia 🔻 e Lara Alonso Vázquez polo traballazo. Vémonos ás nove na Villa Solita de Alcabre para repasala, conci gratis coa colaboración de Fabio de Infrahumano! youtu.be/NwIzQDCu_-I
Aquí vai a sorpresa: nunha semana sacamos novo videoclip!! Fixémolo, como non, co noso querido Brais Gómez Salvador, que colabora a cotío connosco. Será o derradeiro adianto antes da saída do álbum con Sleaszy Rider Records, e temos moitísimas ganas de ensinárvolo!! Adiviñades onde é?
Conta atrás para a saída do disco este venres!! Cara aos Ceios Incrementes sae en CD e nas plataformas dixitais en 4 días co selo grego Sleaszy Rider. Como adianto, este videoclip, traballazo coma sempre de Brais Gómez Salvador. Xa non queda nada ⏰ youtu.be/928PQI-CBa4
Xa saíu enteiriño o noso álbum novo Cara os Ceios Incrementes 💙 Podedes escoitalo en todas as plataformas dixitais e mercalo en CD contactando connosco por redes ou na web do selo. Agardamos que vos guste! E non esquezades mirar o videoclip con Brais Gómez Salvador: youtube.com/watch?v=928PQI…
Non esquezades mirar o noso novo videoclip, dirixido por Brais Gómez Salvador!! Mil grazas pola acollida que lle estades dando, e en especial a todos os medios que falaron do vídeo e o álbum novo: Nós Diario, Zigzag, scheitan, Broken Tomb, Radio Fene, El Metal en España...
Catro anos do videoclip de Lobishomes 😱 Foi o primeiro que fixemos, e o primeiro de moitos con Brais Gómez Salvador (mirade tamén na nosa canle o último, Cabeiros). Participaron tamén Tan(zan)ia 🔻 e Lara Alonso Vázquez. Mil grazas unha vez máis!! youtu.be/NwIzQDCu_-I
Temos un novo videoclip en camiño, dirixido unha vez máis por Brais Gómez Salvador 😉 Mentres non o sacamos, podedes ir abrindo boca con outros videoclips que fixemos con el, como este de Retorno a Tagen Ata (2021). Axiña daremos máis detalles! Video enteiro aquí: youtu.be/K_InIWWyUM4
Mil grazas pola acollida que lle estades dando a Por 100 Anos Máis, o noso tema adicado ao @XuntosRCCelta!! Gravado por Dany Soengas e con videoclip de Brais Gómez Salvador, tedes a ligazón ao vídeo enteiro no seguinte tuit...
"Por 100 anos máis" é o tema que lle adicamos ao @XuntosRCCelta polo seu centenario. Este sábado non faltará no concerto que daremos na A TrezeCatorze xunto a Elefantes Mutilados! Vémonos alí ás 22:30. Aproveitade para volver mirar o videoclip de Brais Gómez Salvador: youtu.be/yNYcanKoBCY?fe…