Boísimo (@boisimo_) 's Twitter Profile
Boísimo

@boisimo_

O portal da cultura gastronómica.

ID: 1201534845404504064

linkhttp://boisimo.gal calendar_today02-12-2019 16:13:39

574 Tweet

755 Followers

100 Following

Boísimo (@boisimo_) 's Twitter Profile Photo

Galicia conta desde este luns con seis novos restaurantes cun Sol Guía Repsol. Con estas novas incorporacións, a comunidade suma un total de 40 restaurantes galardoados: 25 cun Sol, 13 con dous e dous con tres. boisimo.gciencia.com/2024/03/05/gal…

Boísimo (@boisimo_) 's Twitter Profile Photo

🍺 Como converter os residuos da fabricación de cerveza en alimentos sostibles? A empresa Hijos de Rivera e Blendbub lanzan o proxecto ImpacTaste, que busca novas vías de valorización do bagazo a través de estudantes universitarios. boisimo.gciencia.com/2024/04/04/com…

Boísimo (@boisimo_) 's Twitter Profile Photo

🐟 Un novo estudo suxire que substituír o consumo de carne vermella por sardiñas, anchoas ou arenques previría entre 500.000 e 750.000 mortes prematuras en 2050. boisimo.gciencia.com/2024/04/10/sub…

Boísimo (@boisimo_) 's Twitter Profile Photo

O 23 de abril en 1874 naceu Manuel Puga y Parga, alcumado Picadillo, un dos grandes gastrónomos e divulgadores da cociña galega. Cadrando co Día do Libro e o seu 150 aniversario, a Real Academia Galega publica unha copia dixital de 'El rancho de la tropa'. lc.cx/ORPY-r

Boísimo (@boisimo_) 's Twitter Profile Photo

🍐🥦 Aínda que o 75% dos galegos di que segue unha alimentación saudable, son os que menos froita e verdura consomen de todo o Estado. Así o acaba de revelar un estudo 👇 boisimo.gciencia.com/2024/04/26/gal…

Boísimo (@boisimo_) 's Twitter Profile Photo

🐄🥛 Que é o leite A2 e que beneficios ten para a saúde? Unha clase maxistral do catedrático Alberto Cepeda da USC revela as vantaxes dos lácteos sen as betacaseínas do produto convencional. Coa colaboración de Deleite. boisimo.gciencia.com/2024/05/31/lei…

Boísimo (@boisimo_) 's Twitter Profile Photo

Os mellores conciñeiros da guiarepsol recomendan os seus "soletes de confianza", é dicir, os establecementos que son garantía de calidade. Estes son os 47 locais distinguidos en Galicia 👇 boisimo.gciencia.com/2024/06/26/47-…

Boísimo (@boisimo_) 's Twitter Profile Photo

A mellora xenética introduciu en España as variedades híbridas de tomates: altamente produtivas pero cunha evidente falta de sabor e textura. Así nos explican en The Conversation ES o motivo polo que os tomates xa non saben como antes 👇 boisimo.gciencia.com/2024/09/09/por…

Boísimo (@boisimo_) 's Twitter Profile Photo

🌽 Un equipo do Campus Terra USC está a producir huitlacoche a través de variedades de millo galegas. Trátase dun alimento moi popular en México e considerado unha 'delicatessen' na alta cociña. A súa orixe é un fungo patóxeno. boisimo.gciencia.com/2024/09/30/hui…

Boísimo (@boisimo_) 's Twitter Profile Photo

🍟 Encántanche as patacas fritas, non o negues. Pero ollo, que isto ten unha explicación científica. 🧬 Débese a un xene, responsable da dixestión do amidón na saliva, que se duplicou cando aínda habitabamos en cavernas. lc.cx/tGBGIj

Boísimo (@boisimo_) 's Twitter Profile Photo

☀️ Galicia ten 26 novos Soletes con Solera! A Guía Repsol acaba de anunciar a distinción a nove establecementos da Coruña, sete en Lugo e Pontevedra e tres en Ourense. Queres saber cales son? 😏👇 boisimo.gciencia.com/2024/11/11/est…

Boísimo (@boisimo_) 's Twitter Profile Photo

🌰 Sabías que a castaña é un dos froitos secos máis consumidos nos países mediterráneos? E Galicia é unha das súas principais produtoras en España. Neste artigo de The Conversation ES fálannos das múltiples propiedades deste manxar outonal👇 boisimo.gciencia.com/2024/11/18/a-s…

Boísimo (@boisimo_) 's Twitter Profile Photo

🍞 Un sistema que garante a trazabilidade das fariñas do pan galego para comprobar se ten ou non orixe autóctona e en canta porcentaxe. Así é a ferramenta premiada dunha investigadora da USC 👇 boisimo.gciencia.com/2025/01/14/un-…

Boísimo (@boisimo_) 's Twitter Profile Photo

🌿 Tres variedades galegas de oliveira, recuperadas pola Misión Biológica de Galicia - CSIC, recibiron recentemente o visto bo para a súa comercialización e posterior plantación. Así son Carapucho, Carmeliña e Maruxiña 👇 boisimo.gciencia.com/2025/03/12/car…

Boísimo (@boisimo_) 's Twitter Profile Photo

👩‍🍳🎖️ Indómito, en Santiago de Compostela; Nordestada, en Porto do Son; Marmurio do Río, en Allariz; e Meloxeira Praia, no Grove. Estas son as catro novas incorporacións galegas aos Soles Repsol. Contámoscho aquí 👇 boisimo.gciencia.com/2025/03/17/gal…

Boísimo (@boisimo_) 's Twitter Profile Photo

🍽️ O mercado Boanerges reúne oito cociñeiros de Santiago coa misión de devolverlle a cociña da cidade aos seus veciños. "Nunha urbe que desfruta e sofre o turismo, queremos pensar no cliente local, o que está todo ano" 👇 lc.cx/HmTl-G

Boísimo (@boisimo_) 's Twitter Profile Photo

🍊🥬 Cantas froitas e verduras debes tomar ao día para alongar a túa vida? As recomendacións varían entre países pero un último estudo desvela cales son as pautas a seguir para mellorar a túa dieta. Cóntannolo en The Conversation ES 👇 boisimo.gciencia.com/2025/04/09/as-…

Boísimo (@boisimo_) 's Twitter Profile Photo

🦮 Queres poder ir a un bar ou a unha cafetería ca túa mascota e non sabes onde? A Guía Repsol Soletes vén de actualizarse para recomendar locais nos que as mascotas son benvidas. E 20 están en Galicia. Aquí van 👇 boisimo.gciencia.com/2025/04/10/est…

Boísimo (@boisimo_) 's Twitter Profile Photo

🍪Adoitas comer galletas no almorzo ou na merenda? Cres que son unha opción saudable? Entre os seus ingredientes principais están o azucre, as graxas e o sal, polo que é mellor prescindir deste produto. Cóntannolo en The Conversation ES 👇 boisimo.gciencia.com/2025/04/25/gal…

Boísimo (@boisimo_) 's Twitter Profile Photo

🥗 Coñeces o termo 'permarexia'? É un trastorno caracterizado por un estado permanente de preocupación obsesiva pola alimentación e polo peso corporal. Así o explican dous investigadores galegos neste artigo de The Conversation ES 👇 boisimo.gciencia.com/2025/05/13/per…