Canay Junior (@canay_junior) 's Twitter Profile
Canay Junior

@canay_junior

Se a miña misión na vida é non entender nada, entón, estou a facer ben as cousas

ID: 845049949981216769

linkhttps://instagram.com/canay_junior?igshid=v9hsq5ebhmp7 calendar_today23-03-2017 23:09:43

7,7K Tweet

1,1K Followers

1,1K Following

noela.rivas (@noela_rivas) 's Twitter Profile Photo

terraza no centro de Compostela, seis da tarde. bar concorrido nun dos escasos días de sol de febreiro. hai varias mesas ocupadas por grupos de adolescentes que comentan, entre risas, os plans que teñen pensados para o entroido. (+)

noela.rivas (@noela_rivas) 's Twitter Profile Photo

chega unha parella ben vestida, el cuns lentes de sol metalizados como ridícula estratexia para disimular unhas enrugas que delatan a sesentena; ela, melena de salón de peiteado e a manicura intacta de quen non frega os pratos todos os días. (+)

noela.rivas (@noela_rivas) 's Twitter Profile Photo

sentan ao noso carón, nunha mesa que ofrece unha panorámica ampla de toda a terraza, á que van chegando máis grupos de mozas e mozos. acomódanse coa parsimonia de que ten o luxo de gozar do ocio hostaleiro un martes laborable calquera. (+)

noela.rivas (@noela_rivas) 's Twitter Profile Photo

achégase o camareiro e el pide, alzando a voz a un ton considerable e considerablemente innecesario un "cubalibre de ron con coca cola". unha infeliz confusión lingüística co camareiro, quen non domina o castelán dun paleto perfectamente aburguesado, motiva un comentario (+)

noela.rivas (@noela_rivas) 's Twitter Profile Photo

agresivo-pasivo por parte do cliente. o camareiro resolve rir e cumprir a orde de lle traer o ron e a coca cola. en lata. que non lle serve en lata, que "los cubalibres siempre se sirven con coca cola en botella de cristal". por esta vez, decide perdoarlle a vida. (+)

noela.rivas (@noela_rivas) 's Twitter Profile Photo

en canto o camareiro desaparece comenta o pésimo servizo recibido coa que intúo a súa dona, que permanece coa mirada perfectamente delineada perdida nalgún punto da alameda e non abriu a boca en toda a conversa. os insultos, cos que se refire de forma extensiva tamén ao (+)

noela.rivas (@noela_rivas) 's Twitter Profile Photo

resto de camareiros (que non o atenderon en ningún momento), por suposto, son en galego. "un fato de preas, que se decía antiguamente". a muller asente levemente e ofrécelle un sorriso menos cómplice que conciliador. neste punto dubido se a señora terá algún (+)

noela.rivas (@noela_rivas) 's Twitter Profile Photo

tipo de problema auditivo. tras uns minutos dando boa conta do seu ron con coca cola de lata, comeza a proclamar a uns decibelios excesivos (e insolicitados) a súa opinión sobre o grupo de adolescentes que, alleos, desfruta da tarde nas mesas do fondo. (+)

noela.rivas (@noela_rivas) 's Twitter Profile Photo

comeza, como non, polas rapazas. "que son como gallinas", "que lo único que saben hacer es gritar como unas histéricas, cacarear, las chicas jóvenes de ahora están frustradas porque son unas malfolladas". para eles tamén hai, non vaiades pensar. (+)

noela.rivas (@noela_rivas) 's Twitter Profile Photo

"los jóvenes de ahora lo que están en amadraos', que en mi generación a los diez años dejabas de llamar a mamá para todo, por eso son infelices". de novo, inciso para os insultos en galego, marcando ben o clasismo diglósico que lle vai medrando a cada grolo que regala (+)