Ana Tejeiro
@ana_tejeiro
Viaqua
#agua
#auga
ID: 3192235203
21-04-2015 20:09:56
2,2K Tweet
416 Takipçi
385 Takip Edilen
🪸🐟 Os arrecifes de coral son o ecosistema mariño máis rico en #biodiversidade pero o #cambioclimático e os impactos humanos poñen en risco a súa supervivencia. Contános máis nesta infografía a nosa fundación, Fundación Aquae. 👇
Hoxe abre o prazo para a presentación de solicitudes da VI Edición dos premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica Campus Auga. O prazo rematará o día 22 de setembro ás 23:59h. Toda a información na web: campusauga.uvigo.es/evento/vi-edic… Universidade de Vigo Viaqua
🌳 O mundo vexetal "inventou" solucións a moitos desafíos! Para alimentarse e medrar, as plantas converten a luz, a auga e o CO2 no seu sustento. Aprende como o fan neste experimento da nosa fundación, Fundación Aquae. 👇 fundacionaquae.org/proceso-fotosi…
🗣️ A nosa directora de Innovación, Leticia Rodríguez Hernández, e o investigador de Cetaqua, Sergio Santorio, participan no 'V Congreso Internacional' do Campus Auga Universidade de Vigo para falar de #economíacircular e dos proxectos de auga rexenerada que desenvolvemos en #Galicia. 💧♻️
♻️ A reciclaxe: unha asignatura aínda pendente. Nesta infografía de Fundación Aquae mostramos como é a situación neste eido e podemos ver que aínda queda moito por facer e reciclar! ➡️ fundacionaquae.org/reciclaje-resi…
🌍 Neste #DíaMundialContraOCambioClimático participamos na II Conferencia de Alianza Galega polo Clima onde a nosa directora de Innovación, Leticia Rodríguez Hernández, foi unha das participantes. 🗣️
Acudimos ao acto organizado por Cruz Vermella #Ourense de recoñecemento a empresas ao que foi convidado persoal de Viaqua #AquaOurense. Moitos parabéns ás empresas recoñecidas e grazas a Cruz Vermella de Ourense polo labor que realizan cada día! 👏
🎅 Voluntariado de Viaqua e AquaOurense colaboran un Nadal máis con Protección Civil de Concello de Ourense doando alimentos, roupa e xoguetes. Moitas grazas pola vosa solidariedade e aos nosos Embaixadores Ina, Susana e Diego por coordinar a recollida! 👏👏