O neno Roi (@nenoroi) 's Twitter Profile
O neno Roi

@nenoroi

Fillo, sobriño, curmán, neto e bisneto. Neno pequeno. Galego na diáspora. Transmitindo telepáticamente os meus tweets ao pai @xocasgv.

ID: 2562076325

calendar_today24-05-2014 15:05:33

28 Tweet

14 Takipçi

26 Takip Edilen

O neno Roi (@nenoroi) 's Twitter Profile Photo

O pai leume o conto do @apalpador e a castaña máxica. Moito rin. "Peeheeheensa! Peeheeheensa!" A Visuña fai como a ovelliña do móbil da nai.

O neno Roi (@nenoroi) 's Twitter Profile Photo

"O pitiño, píopío, estaba chamando á nai. E a nai, píopío, non o sentía piar. Que che pasa pitiño preguntou un paxariño." Canta mamá.

O neno Roi (@nenoroi) 's Twitter Profile Photo

Mamá: "Este neno chucha mais da teta esquerda". Papá: "É de familia". Rin os dous. Penso: "Que terá de risa que tire eu máis da esquerda?"

O neno Roi (@nenoroi) 's Twitter Profile Photo

Cando me cambian o cueiro o papá e a mamá cantan: "As cacolas e as pirolas do neno Roi" como o "Boom De Yada" de youtu.be/at_f98qOGY0

O neno Roi (@nenoroi) 's Twitter Profile Photo

O pai canta "tén séculos de espranza que pón hoxe nos fillos que amamanta" e eu soño, neste colo, cunha #RepublicaGalega cando sexa grande.

O neno Roi (@nenoroi) 's Twitter Profile Photo

E o reparto fica así: os beizos do pai, orellas da nai, olliños, pai, queixo, nai, mans e pesiños, pai, e pescozo pra abaixo da casa da nai.

O neno Roi (@nenoroi) 's Twitter Profile Photo

4 da mañá. Tou comendo. De súpeto a nai pasa diante de min. Eh? Se as tetas andan aí, de onde chucho entón? Vexo barbas. É o pai co biberón.

O neno Roi (@nenoroi) 's Twitter Profile Photo

Á medianoite fago tres semaniñas! E esta finde coñecín á tieta @eleherrero77. Vaia festa que tivemos mais chula. Teño mais sorte ...

O neno Roi (@nenoroi) 's Twitter Profile Photo

Teño un mes!! A tía sabela crespo xa está aquí!! Estaba en Vilagarcía dentro dunha pantalla e agora pódoa bicar en D.C. Estes maiores fan maxia!

O neno Roi (@nenoroi) 's Twitter Profile Photo

O papá méteme o nariz na boca e dice: "O alento deste neno cheira a requeixón!" E eu penso: "Ninguén te mandou ..."

O neno Roi (@nenoroi) 's Twitter Profile Photo

Acabo de chuchar da teta e o pai pónme a arroutar; eu arrouto, grave e rotundo, e el dime: "Moi ben meu odre, meu Odre Hepburn."

O neno Roi (@nenoroi) 's Twitter Profile Photo

"As penas do verdegaio son verdes e amarelas. Non me toques se non caio, non me rompas as canelas." A nai non para de cartar—e eu bailo!

O neno Roi (@nenoroi) 's Twitter Profile Photo

Estou fungando mentres chucho da teta e o papá fai burla: "Goñi, goñi, goñi, goñi." Xa verás, vaite dar biquiños Rita. Malo papá!

O neno Roi (@nenoroi) 's Twitter Profile Photo

Hoxe soñei que a un lado das tetas/dunas o leite era doce e ao outro salgado, e eu rolaba tetas/dunas abaixo cara un inmenso mar de leite.