Dioivo (@dioivo_metal) 's Twitter Profile
Dioivo

@dioivo_metal

Dúo de metal en galego formado por @danivalladares1 e @jacobo_mouro 🌾⚙️⭐

ID: 701416472967573505

linkhttps://www.youtube.com/@dioivo_metal calendar_today21-02-2016 14:41:33

2,2K Tweet

1,1K Takipçi

534 Takip Edilen

Grupos de Vigo en Loita (@gruposenloita) 's Twitter Profile Photo

O mes pasado reabriu a Casa da Xuventude. Trátase dun lugar importante para a mocidade desta cidade, así que nos alegramos. Porén, non podemos esquecer que abre ano e medio despois de pechar sen previo aviso, a pesar de que o prazo de execución das obras era de 5 meses 🤷

Ademais, o goberno de Caballero leva anos realizando recortes en servizos públicos moi importantes, como ben sabemos e como sufrimos en Vigosónico. Por iso temos que seguir a denunciar a redución da Casa da Xuventude a un mero servizo de ludoteca, cando podería ser moito máis ❌

Grupos de Vigo en Loita (@gruposenloita) 's Twitter Profile Photo

Deste xeito, o Concello infrautiliza unhas infraestruturas que, no seu momento, albergaron unha das salas de ensaio públicas máis accesibles da cidade, entre outros usos. Non imos acostumarnos ós recortes e á privación duns espazos que lle pertencen á mocidade e ás bandas locais!

Dioivo (@dioivo_metal) 's Twitter Profile Photo

Mañá saímos de Vigo para tocar no CSA L'Apiaderu de Nava e a Garrastatxu de Amurrio, pero queremos aproveitar para anunciar unha nova data na nosa cidade: o 12 de decembro no Pub Transylvania con Sicixia e Os Barbosas! Reservános xa por MD a túa anticipada a 7€ 💸

Que pasada de finde 💞 Mil grazas a Kogío con Pinsa e From Ashes to Dust por compartir estrada connosco, ao CSA L'Apiaderu e a Garrastatxu Txosna por darnos un espazo onde tocar e á xente de Errekaleor por acollernos. Ganazas de voltar por Asturies e por Euskal Herria!

Hai 5 anos Bea Gutiérrez fíxonos a nosa primeira entrevista para a TVG. Mil grazas pola oportunidade! Foi en plena pandemia, despois de sacar o álbum Dioivo II e antes do EP Dioivo III. Non esquezades mirar o video completo en Youtube ▶️ youtube.com/watch?v=dCpY9j…

Dioivo (@dioivo_metal) 's Twitter Profile Photo

Aquí van uns vídeos do noso paso polo CS L'Apiaderu de El Remediu e a Garrastatxu Txosna de Baranbio, gravados poles amigues de From Ashes to Dust e Kogío con Pinsa 💙 A seguinte parada é na casa, no Transylvania o 12 de decembro, e aínda temos moitas sorpresas que contarvos...

Dioivo (@dioivo_metal) 's Twitter Profile Photo

Xa que nun par de meses facemos 10 anos de Dioivo, no conci do 12 de decembro no Transy tocaremos só cancións dos nosos dous primeiros discos 🔙 Será un set diferente e moi especial para nós, co que acompañaremos os bolazos de Sicixia e Os Barbosas. Collede as vosas anticipadas!

Ó tocar en Baranbio, Amurrio, o outro día, non puidemos evitar lembrar a nosa primeira vez nese municipio, no Burubio KE en 2017 ❤️‍🔥 Foi o noso primeiro bolo fóra de Galicia. Mil grazas aos amigos de Nakkiga por ternos levado daquelas e por vir apoiarnos na Garrastatxu tamén!

Dioivo (@dioivo_metal) 's Twitter Profile Photo

Nesta entrevista que nos fixera Bea Gutiérrez para o VideoSelfie da TVG, repasamos os nosos inicios como Dioivo alá polo 2016 e o lanzamento dos nosos primeiros discos 🔙 Xa choveu dende aquelas... Tedes o vídeo completo en Youtube! youtu.be/dCpY9jmqK2E

Dioivo (@dioivo_metal) 's Twitter Profile Photo

Hai dous anos colliamos o avión para tocar no Extreme Division Mallorca, festivalazo que acaba de celebrar a súa VI edición, con parada primeiro no Entre Darts Rock de Madrid ❤️‍🔥 Foi unha das nosas mellores experiencias como banda. Mil grazas a @BravoRock polas fotos!

Xa queda menos dun mes ⏳ Mil grazas a Musik Attack, Metal Nostrum, Vigo Metalheads, Vigo Rock Crew e Raposos Crew por apoiar o bolo, ao Transy por acollelo e a Sicixia e Os Barbosas por compartir escenario unha vez máis. Collede a vosa anticipada por 7€ falándonos por privado!

Non esquezades mirar o último vídeo que subimos á nosa canle de Youtube, lembrando o noso concerto no Burubio Kultur Elkartea de Amurrio, Euskal Herria, en 2017 con Nakkiga e Rimruna 🔙 O primeiro fóra de Galicia, hai 8 anos! Tédelo completo nesta ligazón: youtu.be/U0yhEns-vkY

Grupos de Vigo en Loita (@gruposenloita) 's Twitter Profile Photo

Esta semana fanse 11 anos de que o Concello pechase, mentindo e sen avisar, o Súbete ó Castro. Compartimos esta reportaxe feita por Álex Rodríguez, Sara Gimeno, Miguel Romero e Dani Iglesias na que entrevistan entre outros aos músicos Dani Valladares e Denis Carballás ✊

Dioivo (@dioivo_metal) 's Twitter Profile Photo

Hai 9 anos tivemos a sorte de participar por primeira vez na final do concurso Xuventude Crea 😊 Foi na extinta discoteca Factory Room de Melide, e CorreoTV inmortalizou o momento entrevistándonos como "Dioibo"... Non foi a variante máis rara coa que nos teñen chamado!

Dioivo (@dioivo_metal) 's Twitter Profile Photo

En 2017 tamén estivemos na final do Xuventude Crea, esta vez na Espina de Gandarío, Bergondo. Foi outra experiencia chula na que volvimos conseguir o segundo premio compartido, que foi de moita axuda neses primeiros anos de Dioivo 🔙 Vídeo completo: youtu.be/xwvDJXuO2Ek

Grupos de Vigo en Loita (@gruposenloita) 's Twitter Profile Photo

Hoxe, hai 11 anos, o Concello pechou Súbete ó Castro para sempre. Aínda que en 2022 prometeron que estudaban a súa reapertura, logo pasaron a dicir que o programa fora "un fracaso estrepitoso". Seguiremos reivindicando un espazo que é esencial para a cultura e mocidade de Vigo ✊

Dioivo (@dioivo_metal) 's Twitter Profile Photo

Xa queda menos para volver tocar en Vigo, no Transy o 12/12! Lembrade que faremos un repertorio diferente, só dos nosos dous primeiros discos. Deixámosvos con este video do conci na Master Club Vigo, gravado pola xente de Metal Nostrum e con son de no soy milo, para abrir boca 🔊

Grupos de Vigo en Loita (@gruposenloita) 's Twitter Profile Photo

A reportaxe realizada por Álex Rodríguez, Sara Gimeno, Miguel Romero e Dani Iglesias sobre Súbete ó Castro fala tamén da creación de Grupos en Loita e a reapertura de Vigosónico, así como das promesas incumpridas do goberno local sobre reabrir o espazo do Castro en 2022 🔙

Dioivo (@dioivo_metal) 's Twitter Profile Photo

Os nosos concis de decembro no Transy, como o que temos este día 12 con Sicixia e Os Barbosas, son unha tradición navideña para nós e honrámola cada ano 🎄 Neste de 2023 colaboramos coes cracks de Aida e Jorge de Her Anxiety, foi gravado por Marko Otero. Ganazas de repetir!