
Real Academia Galega
@academiagalega
Institución científica que ten como obxectivos fundamentais o estudo, defensa e promoción da lingua e cultura galegas
ID: 990504390
http://academia.gal 05-12-2012 08:51:28
11,11K Tweet
18,18K Takipçi
209 Takip Edilen


“Por que non nos falades en galego?” 👉 Un ruso, unha italiana, un valenciano e unha catalá. Alumnado de “Galego sen fronteiras” (Real Academia Galega e Instituto da Lingua Galega) cóntannos por que aprenden galego e que percepción teñen de nós. 🔊 agalegaaudio.gal/videos/detail/…


⁉️ Como percibides o uso do galego na propia Galicia? Diego é valenciano Alessia é italiana Lurdes é catalá Nikitas é ruso 👉 “Galego sen fronteiras” 👉 Real Academia Galega e Instituto da Lingua Galega

A RAG celebra a aprobación por parte da Comisión de Toponimia da proposta de revisión do Nomenclátor. Tras este trámite, o documento redactado polo Seminario de Onomástica da Academia debe ser aprobado no Consello da Xunta de Galicia para a súa entrada e vigor. academia.gal/-/a-real-acade…










Paso río, paso fontes, sempre te atopo lavando. Que lástima da cariña que a auga che vai levando! 🛰️Helena Villar Janeir escribe sobre unha das fotos do noso arquivo relacionadas coas #LetrasGalegas2025 das #cantareiras, rexistrada en Becerreá a comezos do s. XX. academia.gal/-/mulleres-lav…

Esta fin de semana celébrase a Romaría Vikinga de Catoira, unha das nosas grandes festas de recreación histórica. Manuel Gago explícanos por que nela os nativos non se defenden e afonda na súa historia neste relatorio sobre a invención da tradición. youtu.be/W-_Nzxg41Q8


O grupo de traballo "Pensamento e ensaio" da RAG celebra o 16 de setembro na Fundación Luis Seoane a xornada 'Achegas xurídicas a cuestións ambientais' con Consuelo Castro Rey, Alba Nogueira, Luís Villares e Beltrán Puentes. Coordinan Marilar Aleixandre e 🛰 A Celia P. Porto 🛰. Apoia o Concello da Coruña.


